Próximos eventos

Actualmente non hai eventos dispoñibles.

Axenda

Evento 

Título:
Coferencia Internacional GUADEC 2012
Cando:
26/07/2012 - 01/08/2012 09:00 h - 13:00 h
Categoría:
Formación

Descrición

Este mes celébrase a Conferencia Internacional GUADEC 2012, organizada polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e a GNOME Foundation en colaboración coa Universidade da Coruña.

Este evento, que terá lugar do día 26 de xullo ao 1 de agosto na Facultade de Informática da Coruña, foi concebido coma foro internacional para a investigación e o desenvolvemento do proxecto de Software Libre GNOME.  Congregaránse un total de 250 expertos en Software Libre procedentes de todo mundo ao longo de 7 días en Galicia, cun total de 4 conferencias maxistrais e 97 relatorios.

Neste encontro participaran relatores coma Jacob Appelbaum (experto en privacidade e anonimato na Rede, que forma parte dos proxectos WikiLeaks e Tor, Federico Mena Quintero (co fundador do proxecto GNOME), Adam Dindle e Jim Nelson (de Yorba), Jonathan Blandford (director de enxeñaría de Red Hat), David C. Mason (director de produto de Mozilla), Alex Skud Bayley (defensora da apertura tanto do software coma dos contidos) e Karen M. Sandler (directora executiva da GNOME Foundation).

Para resolver dúbidas, obter máis información e confirmar o rexistro podedes consultar a páxina da Conferencia Internacional GUADEC 2012 (en inglés).