Actualmente non hai eventos dispoñibles.
Dentro da acción estratéxica da Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT), co obxectivo de fomentar coñecemento entre os organismos de I+D e as empresas, Vindeira organiza en colaboración coas Plataformas Envite e Loxisga, a xornada "A Eco-nomía Intelixente: Smart and Green Economy".
Esta xornada terá lugar o próximo martes 24 de xullo na Sede FEUGA en Santiago de Compostela.
Ao longo do evento daránse a coñecer programas de financiación para proxectos de I+D próximos ao mercado do CDTI, así coma os programas comunitarios para proxectos TIC con aplicacións no medio ambiente, a enerxía intelixente e o transporte sostible.
Así mesmo, durante a xornada, as entidades que o desexen poderán manter unha reunión bilateral cos técnicos do CDTI para presentar posibles ideas de proxecto. Os interesados na última opción deberán remitir o formulario do proxecto antes do 20 de xullo.
Os interesados tamén poderán ver a presentación de diferentes casos de éxito de proxectos relacionados coas Smart and Green Cities.
Na web de Envite pódese consultar o programa do evento, realizar a inscrición ou cubrir o formulario do proxecto.