Próximos eventos

Actualmente non hai eventos dispoñibles.

Axenda

Evento 

Título:
III Libre Software World Conference (LSWC'12 )
Cando:
18/10/2012 - 19/10/2012 
Onde:
Auditorio da Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
Categoría:
Eventos TIC

Descrición

A III Libre Software World Conference (LSWC'12 ) organizada por AGASOL  celébrarase os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela coa colaboración e apoio da AMTEGA. O prazo de inscrición para este evento foi ampliado ata o xoves 11 de outubro.

Deste xeito Galicia acollerá por primeira vez un dos maiores eventos de difusión de Software Libre celebrados en España cun enfoque principalmente empresarial e profesional. Esta conferencia supón unha excelente oportunidade para coñecer de preto as principais novidades e innovacións técnicas, os novos produtos e proxectos no eido do Software Libre, ademais de servir como punto de encontro e networking entre os profesionais e empresas que se adican a ofrecer servizos en torno ao Software Libre.

O evento contará con 3 áreas de contido principais: 

Empresas: Dirixida a coñecer como as empresas utilizan o Software Libre e a súa filosofía como base para o desenvolvemento de proxectos, ser un escaparate de produtos e servizos e facilitar o networking durante o evento.

Administración pública e institucións:  Bloque de contidos específico que ofreza un foro de discusión que axude a descubrir como outras institucións están a utilizar o Software Libre, intercambiar ideas sobre os últimos avances en implantacións e analizar o impacto de políticas de adopción.

Cidadanía: Esta área enfocarase en coñecer as últimas ferramentas de Software Libre, involucrar aos usuarios en grupos e comunidades de desenvolvemento e participar en talleres prácticos de interese.

Os interesados en participar na LSWC'12 cunha charla, presentación ou demostración deberán inscribirse no evento como poñentes ata o día 18 de setembro, sendo a asistencia como público á conferencia de carácter aberto e gratuíto, previa inscrición como público antes do xoves 11 de outubro. Unha vez realizada a valoración e selección, todos as propostas recibirán unha resposta por parte da organización respecto da súa aceptación ou non aceptación.

Máis información na web da Libre Software World Conference 2012



 

Lugar

Venue:
Auditorio da Cidade da Cultura
Rúa:
Cidade da Cultura
CP:
15703
Cidade:
Santiago de Compostela
Estado / Provincia:
A Coruña

Descrición