Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O xoves 28 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela o Primeiro Encontro CATS Galicia, unha xornada adicada a empresas, creadores, entidades e usuarios interesados na Tecnoloxía Social. Organizado polo Club de Amigos da Tecnoloxía Social (CATS) e a Fundación Tecnología Social, esta xuntanza ten como obxectivo crear un foro de debate en torno ás posibilidades de negocio da tecnoloxía que contribúe a mellorar a vida das persoas nalgún aspecto, dende o fogar intelixente e accesible ata a difusión cultural.
Ademais dos organizadores, contarase tamén con representación de asociacións profesionais (Eganet, Ineo, Agestic), entidades oficiais (AMTEGA e CNTG), e empresas do sector que explicarán os seus proxectos e experiencias en tecnoloxía social.
A inscrición e gratuita e pode confirmarse a través do formulario online