Próximos eventos

Actualmente non hai eventos dispoñibles.

Axenda

Evento 

Título:
Inscrición ao Proxecto MEDRA
Cando:
29/06/2012 - 29/06/2012 00:00 h - 00:00 h
Categoría:
Formación

Descrición

A Consellería de Economía e Industria organiza, a través do BIC Galicia e en colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade, a 3º edición do Proxecto MEDRA. Trátase dun programa destinado a pemes, cuxo obxectivo é desenvolver habilidades e capacidades no seo das empresas para facilitar así a súa consolidación e crecemento. Nas anteriores edicións deste proxecto xa participaron máis de 30 empresas, que achegaron valoracións moi positivas do mesmo. Convidámosvos a participar, xa que esta será previsiblemente a última edición desta proveitosa iniciativa.

A metodoloxía será a seguinte:

  • Auto-diagnóstico asistido, que permitirá coñecer e tipificar as características xerais da empresa interesada.
  • Elaboración dunha visión de empresa que permita facer unha proxección do futuro da empresa, considerando as informacións do autodiagnóstico e apoiada por consultores especializados.
  • Itinerarios de formación-acción adaptados e personalizados á tipoloxía de empresa e á súa visión.

Para este encontro hai un total de 12 prazas dispoñibles. As empresas que estean interesadas en participar deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter polo menos 5 traballadores (considerando tanto os fundadores da entidade como os traballadores por conta allea).
  • Ter unha facturación aproximada de 300.000€ anuais (requisito referencial, non imprescindible).

O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de xuño, e pode formalizarse a través do formulario web.