Próximos eventos

Actualmente non hai eventos dispoñibles.

Axenda

Evento 

Título:
Curso de Iniciación á programación de dispositivos IOS5
Cando:
03/09/2012 - 20/09/2012 09:00 h - 14:00 h
Onde:
CITEXVI - Vigo
Categoría:
Formación

Descrición

A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo organiza o curso "Iniciación á programación de dispositivos IOS5", na Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), que se impartirá entre o 3 e o 20 de setembro.

Este curso está destinado a estudantes universitarios, programadores e deseñadores interesados en desenvolver aplicacións para IOS. A finalidade do mesmo é dar a coñecer a metodoloxía de desenvolvemento de aplicacións para os dispositivos de Apple baixo IOS5. Trátase dun nivel medio-avanzado de programación, por tanto requírese experiencia previa no campo, sobre todo a nivel de coñecementos de programación en Java, C e/ou C++.

O número máximo de participantes neste curso formativo é de 40, cun mínimo de 32. A preinscrición está aberta ata o 31 de agosto de 2012.

Pódense consultar as condicións de acceso, os criterios de selección e avaliación, o programa e a inscrición no seguinte enlace.

Lugar

Venue:
CITEXVI
Rúa:
Fonte das Abelleiras, s/n
CP:
36310
Cidade:
Vigo
Estado / Provincia:
Pontevedra

Descrición