Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O Open Data e a Reutilización de Información do Sector Público (RISP) constitúen elementos xeradores de emprego e riqueza, ao abrir a posibilidade de crear novas aplicacións, servizos e produtos en base a esta información.
Para fomentar o coñecemento e potenciar o emprendemento neste eido, o CPEIG convoca o I Premio Open Data, aberto á presentación de candidaturas ata o 12 de xuño. Os proxectos defenderanse públicamente ao longo dunha xornada que se celebrará o 14 de xuño no salón de actos do CERSIA (Avda. Fernando Casas Novoa s/n, 15707, Santiago de Compostela). A dotación do premio será de 600€ para o proxecto gañador, 400€ para o segundo clasificado e 200€ para o terceiro.
As candidaturas deberan ser proxectos persoais, non podendo representar a ningunha empresa. Todos os requisitos, prazo e información sobre os premios están recollidos nas bases , que recomendamos ler con atención.
Os documentos da candidatura deben enviarse por correo electrónico a
CLOAKING
indicando no asunto "I Premio Open Data CPEIG".
Formulario online de presentación de candidaturas
Máis información