Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) impartirá entre os días 21 de maio e 30 de xuño o curso online "Aspectos legais de Internet e das TIC", dirixido a aportar os instrumentos prácticos do Dereito nesta materia. Contarán tamén coa colaboración de Syntagma e Landatel. O director do curso será Pablo García Mexía, profesor de Dereito e Goberno de Internet no College of William&Mary, en Estados Unidos. Participarán tamén como docentes Fernando Bondía Román, Luis Felipe López Álvarez e Jorge Villarino Marzo.
Os bloques temáticos deste curso serán:
A data límite de inscrición é o 16 de maio. Para os colexiados do CPEIG o prezo é de 150€, mentres que as persoas alleas ao ente colexial deberán pagar 195€.