Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ofrecerá o vindeiro sábado 21 de abril o seminario A Arte da Presentación, dirixido a mellorar as presentacións en PowerPoint e outros slideware. Este obradoiro terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela en horario de 10:00 a 13:30, e correrá a cargo de Eduardo de la Fuente e Alberto de Vega, da empresa Presentaciones Artesanas.
O prezo para os asociados ao CPEIG será de 30€, mentres que as persoas alleas interesadas deberán abonar unha cota de 50€. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, cuxo prazo remata o xoves 19 de abril ás 23.00h.
Máis información