Eganet, en colaboración con dúas das empresas socias, Tesla Technologies e Imaxín, organiza un curso de Introducción a HTML5, destinados polo de agora ás empresas socias de Eganet. Tesla Technologies será a encargada de impartilo, mentres que Imaxín Software ofrecerá a súa sede para a celebración do mesmo, que será entre o 10 e o 18 de febreiro.
A duración total do curso será de 20 horas, que se repartirán entre os venres 10 e 17 pola tarde (entre as 16:00 e as 21:00h) e os sábados 11 e 18 pola mañá (entre as 09:00 e as 14:00h). O prezo por persoa é de 125€.
Ofertaránse un total de 15 prazas, polo que será necesario realizar unha reserva enviando un mail a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
no que se especificará o nome da empresa, o da persoa que se inscribe e un número de teléfono de contacto. A inscrición permanecerá aberta ata o mércores 25 de xaneiro.
O temario do curso será o seguinte:
- Introducción HTML5: Novidades e vantaxes de HTML5, Etiquetas semánticas, Estructura básica dunha páxina, Compatibilidade con versións anteriores, Etiquetas non soportadas e alternativas, Cambios a nivel de formularios.
- CSS3: Cores (HSL, RGB, Opacidade), Interfaz de usuario (box-sizing, resize, outline, nav-top, nav-right, nav-bottom, nav-left), Bordes (border-color, border-image, border-radius, box-shadow), Creación de sombras, Utilización de degradados, Máscaras de obxectos, Utilización de reflexos, Transformación de elementos, Traballar con transicións, Animacións.
- Tipografía: Fundamentos, Efectos especiais
- Construír unha interfaz de aplicación web: Creación de formularios, Fundamentos Viewport, Orientación e rotación de pantalla, Controles táctiles.
- Integración de audio e vídeo, Interfaz de reproductor de audio e vídeo, JavaScript para control de audio, Acceso ao vídeo da webcam, Gravar vídeo e audio, Envío e recibo de imaxes de webcam.
- Datos dinámicos e Offline, Xeolocalización, Introducción a Canvas: Configurar acceso offline con AppCache, Xerar contido dinámico, Utilizar contido local, Acceso á localización do usuario, Seguimento de movemento nun mapa, Creación dinámica dun mapa, Contexto 2D, Partículas, Obxectos 3D, Frameworks (Three / Box2d).