Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O día 29 de abril , en horario de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, un seminario de demostración do framework Grails.
Grails é un framework open source para o desenvolvemento de aplicacións web baseado en Groovy e Java que segue os principios “Don't Repeat Your Self” (Non te repitas) e “Convention over Configuration” (Convención sobre configuración), engadindo a nosa caixa de ferramentas a capacidade de crear prototipos ou probas de concepto en tempo récord e permitindo, dentro do mesmo framework, a creación da base de datos, as pantallas de altas, baixas, modificacións e borrado de maneira automática. Durante o seminario realizarase unha demostración das capacidades de Grails creando unha aplicación web dende cero.
O evento está dirixido a desenvolvedores, programadores e xefes de proxecto con coñecementos de programación.
O relator da xornada será D. Luis Gervaso, profesional especializado en frameworks de código aberto orientados á creación de aplicacións baseadas en estándares web, colaborador, como docente, do CNTG na impartición de cursos de programación en Java e Desenvolvemento de aplicacións con Spring, Hibernate & JSF.
O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do cntg, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición para anotarse ao evento rematará o mércores día 28 de abril.
Para máis información sobre o contido e/ou inscrición na xornada prema nesta ligazón