CAPACITA-TIC

As empresas que compoñen o sector TIC galego teñen unha potencialidade innegable en materia de I+D+i. Porén, o seu tamaño -pemes e micropemes- e a súa capacidade financeira, moitas veces causan que non cheguen a aproveitar de xeito efectivo estas oportunidades, especialmente a niveis supraestatais, como é o caso dos fondos europeos.

Para solventar esta carencia, Eganet crea o proxecto CAPACITA-TIC, no que participan un total de 17 empresas, coa pretensión de ser unha ferramenta útil, un espazo de formación e intercambio de experiencias, coñecementos e necesidades de innovación entre as empresas do sector, co fin último de xerar proxectos sólidos en cooperación que poidan concurrir con perspectiva positiva a estas axudas e subvencións.

A idea é que, como empresas creadoras de contido, se adquiran as destrezas necesarias para desenvolver, presentar, xestionar e defender estes proxectos innovadores e de calidade, de acordo coas condicións establecidas en casa caso.