|
|
|
 |
BOLETÍN
Nº 13: PRESENTACIÓN |
Retomamos este espacio
informativo para achegar ós nosos lectores varias novas de
actualidade que agardamos que sexa do voso interese.
|
|
|
 |
EGANET
Asamblea Xeral |
O vindeiro
venres 12 de abril, ás 18:00h terá lugar a ASAMBLEA
XERAL ORDINARIA da Asociación de Empresas Galegas Adicadas
a Internet (EGANET); o acto terá lugar no hotel 'Virxe
da Cerca' de Santiago de Compostela.
Dentro
deste acto procederase entre outros puntos da orde do día,
á elección da nova directiva de EGANET.
EGANET xurde
para aglutinar ás empresas do sector de Internet en Galicia
e así poder facer frente ós intereses dos asociados,
así como a contribuir ó desenrolo óptimo
das novas tecnoloxías na nosa comunidade.
A día
de hoxe xa son vintenove as empresas que forman parte a asociación,
convertíndose nun organo máis que representativo
das empresas do sector.
|
 |
Asociación Proveedores e-Learning |
Importantes
empresas do mercado crean a Asociación de Proveedores de
e-Learning.
IBM, Ingenia, ONO, Soluciona, Pricewaterhousecoopers
ou Santillana formación son algunhas das máis de 25
empresas que veñen de crear a Asociación de Proveedores
de e-Learning sendo o obxectivo a promoción do conocimento,
a utilización e o desenrolo de servizos e productos relacionados
co e-learning.
Apel ou Asociación
de Proveedores de e-Learning é unha organización sen
ánimo de lucro que xurdíu da colaboración das
entidades e empresas españolas e extranxeiras relacionadas
coa educación por vías telemáticas ou e-learning.
Centrada en promover e fomentar o uso desta modalidade de
formación e en erixirse como punto de referencia do mercado
español de e-learning, a asociación conta desde o
seu nacemento con 28 institucións asociadas, mentras que
outras 30 aseguraron que o farán en breve.
|
 |
Xuventude
Galicia Net |
No
Pazo de Congresos e Explosicións de Santiago de Compostela
celebrouse o fin de semana do 22 ó 24 de marzo o party informática
de Galicia coa participación de mais de 1.200 xoves que permaneceron
alí ata o domingo. Conferencias, concursos de vídeo-xogos
e presentacións comerciais de productos como a Xbox de Microsoft
ocuparon as xornadas que tiveron un grande éxito de asistencia.
A opinion xeral
é de que foi magnifica, entretida e enriquecedora. A organización
recebeu unha puntuacion moi alta.
|
 |
¿Carta = correo electrónico? |
O Tribunal
Supremo sinala nunha sentencia que o correo electrónico debe
ser incluído no término "carta", para ter
a mesma concepción legal que a misiva tradicional.
O
Alto Tribunal fai esta apreciación co motivo do recurso de
amparo por vulneración dos dereitos constitucionais presentado
por un ciudadano, José Luis Pichardo Miranda, que en xuño
de 2001 foi condeado polo Tribunal Supremo a nove anos de cadea
como autor dun delito contra a saude pública,
en relación cun alixo de algo máis de 4 kilos de cocaína.
Respecto ao
concepto de carta en xeneral, o Constitucional sinala, sen embargo,
que "certamente os avances tecnolóxicos que nos últimos
tiempos se veñen producido no ámbito das telecomunicacións,
especialmente en conexión co uso da informática, fan
necesario un novo entendimento do concepto de comunicación
e do obxecto de protección do dereito fundamental, que extenda
a protección a esos novos ámbitos...".
Ós novos
tempos e a un novo xeito de comunicarse corresponde nova lexislación,
ou a tradicional adaptada.
|
| |
|
 |
Novo
Portal de Hacienda |
|
|
Facenda
presenta un novo portal que estará activo a finais do verán.
Cristóbal
Montoro, ministro de Facenda, presentou o que será ao finalizar
o verán o novo portal do Ministerio de Facenda. Enmarcado
dentro da iniciativa Info XXI e cunha inversión lixeiramente
superior ao millón de euros,
permitirá que o próximo ano 5,5 millones de contribuintes
poidan pedir a Facenda que elabore a súa declaración.
|
|
|
 |
|
 |
|