ToxoTIC

Axudas e financiamento, unha utopía

Xoves, 23 de Febreiro de 2012 18:10

Que o sector TIC ten a consideración de estratéxico é unha realidade asumida dentro das economías de calquera país desenvolvido. Tamén que as novas tecnoloxías son responsables, nunha porcentaxe crecente, da mellora da produtividade, ata o punto de que os índices de desenvolvemento da sociedade da información (penetración das TIC nos fogares e nas empresas, produción de tecnoloxía) son indicativos do desenvolvemento económico e do nivel de vida dos Estados ou rexións que se analizan.

Ler máis

   

A oportunidade dos novos instrumentos para a xestión da I+D+i e as TIC en Galicia

Venres, 17 de Febreiro de 2012 13:05

O Goberno galego vén de culminar dous anunciados proxectos nos ámbitos da sociedade da información e da innovación. Trátase da creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), por unha banda, e da Axencia Galega da Innovación (AGI), pola outra, cuxos decretos de constitución veñen de ser publicados no DOG e que, sen máis dilacións, prevén a súa plena operatividade para mediados do mes de marzo, no caso da AMTEGA, e abril, no da AGI.

Ler máis

   

Economía sustentable ou o tratado dunha batalla perdida

Venres, 10 de Febreiro de 2012 13:43

Abrimos unha nova sección de novas!! Baixo o pseudónimo de ToxoTIC, contaremos coa colaboración de expertos en comunicación e análise informativa que achegarán unha visión global das novas que se están producindo e da repercursión que estas poden ter no sector e, consecuentemente nas empresas TIC. Agardamos pois que a información vos sexa de utilidade e aproveitamos para, en nome de Eganet e das empresas socias, agradecer aos colaboradores as súas aportacións. Innauguramos a sección co este artigo, titulado Economía sustentable ou o tratado dunha batalla perdida.

A rede volve ferver estes días por mor das novidades referidas á renomeada Lei Sinde-Wert (ou disposición final cuadraxésimo terceira da Lei de Economía Sustentable) e ao tratado internacional ACTA ou Acordo Comercial Antifalsificación, normativas que queren ampliar a protección dos dereitos de propiedade intelectual e que sen dúbida suporán un impacto grande nos actuais modelos de acceso e uso de Internet.

Recollido en    Código Cero

Ler máis

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL