Venres, 11 de Maio de 2012 09:36
A fenda dixital é unha das constantes que acompañan o desenvolvemento das novas tecnoloxías en Galicia. Tamén o é a fenda dixital de xénero, unha maior dificultade de acceso e emprego das novas tecnoloxías por parte das mulleres, se ben non existe aínda o país desenvolvido que non rexistre ese desequilibrio. Estes días chegábanos a nova de que dúas alumnas de Informática da Universidade da Coruña conseguiron senllas bolsas de Google dentro do seu programa Anita Borg Scholarship, centrado na visibilización da muller nos ámbitos da computación e a tecnoloxía. Pois precisamente neste ToxoTic imos recuperar o debate da fenda de xénero nas TIC, mais centrándonos naquela fenda que se cadra é a que máis doe: a dos estudos superiores.
Venres, 04 de Maio de 2012 00:00
Cando viñamos xusto de abordar a necesidade dun escenario clarificador das oportunidades de emprendemento en novas tecnoloxías da información e da comunicación, coñecemos a posta en marcha dunha nova ferramenta a disposición do sector TIC e especificamente destinada aos emprendedores. Trátase do portal web Obxectivo Emprendemento TIC, que promove a Xunta de Galicia a través do Bic Galicia, organismo dependente do IGAPE. Imos analizar a nova web oetic.bicgalicia.es e as novidades que ofrece e consideraremos a súa utilidade como instrumento de “información, aprendizaxe e apoio para os empresarios e profesionais do sector”, segundo a definición dos seus promotores.
Xoves, 19 de Abril de 2012 17:27
O pasado mércores 28 de marzo as empresas socias de Eganet elixían a nova Xunta Directiva que guiará o camiño da asociación durante outros dous anos. Tres días despois a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías estaba de aniversario, cumpría exactamente doce anos de vida exercendo un papel de representación do sector empresarial galego das TIC. Ao longo desta ducia de anos a asociación viviu xa unhas cantas renovacións de xuntas directivas e, con elas, foi testemuña e protagonista da expansión das novas tecnoloxías da información en Galicia e no mundo. Neste ToxoTic botamos a vista atrás para recuperar a historia de Eganet, que tampouco é allea aos principais acontecementos que marcan a historia da rede de redes.
Venres, 13 de Abril de 2012 10:22
O sector TIC galego mantén emprego e resiste a sacudida da crise. Vimos de coñecer os últimos datos de emprego do sector das novas tecnoloxías que ofrece o observatorio da Xunta para a sociedade da información (OSIMGA), que se refiren ao conxunto do hipersector das novas tecnoloxías e non exclusivamente ás empresas de internet e contidos, pero en xeral son reveladores. As empresas TIC non só seguiron creando emprego, en 2011 houbo máis iniciativas emprendedoras ca o ano anterior. Trataremos neste ToxoTIC de esclarecer a chama que mantén vivo o sector e repasar o escenario que se lles presenta aos que queren abrirse paso nel.
Venres, 23 de Marzo de 2012 11:04
Estamos a presenciar a extensión do uso dos novos soportes de lectura, os lectores de libro electrónico, as tabletas, os móbiles intelixentes que case ocupan o tamaño real de calquera libro. Son moito máis ca simples soportes para ler, pero aínda así imos analizalos neste ToxoTIC dende o punto de vista da industria editorial, porque certamente supoñen un antes e un despois na propia concepción da literatura, nesa necesidade que creamos os humanos de deixar por escrito o noso legado. Logo de reflexionar sobre o papel da prensa na era de Internet, volvemos furar na ferida para albiscar o futuro do libro tal e como o coñecemos e, se cabe, darlle unha nova definición.
Páxina 1 de 3