Xoves, 23 de Setembro de 2010 10:44
O presidente do Grupo Parlamentario Socialista e Secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, reclamou ao goberno autonómico a necesidade de poñer en marcha “medidas de carácter urxente” para garantir o traballo os investigadores a partir de 2011. O socialista galego recordou a precariedade e as dificultades de emprego coas que se atopan os investigadores en Galicia e declarou que “máis de 300 persoas quedarán sen traballo a partir do 1 de xaneiro”.
Trala reunión coa Asociación de Investigadores, Técnicos e Tecnólogos Precarias-Galicia, Pachi Vázquez instou ao líder da Xunta a constitución dunha comisión dentro do goberno galego para definir “un modelo estable de I+D+i. Deste xeito, salienta evitaríase que a investigación se convirta nunha “pelota de ping-pong que se tiran os conselleiros de Educación e Industria, da que ninguén quere saber nada e mentres se esvaece o tecido investigador de Galicia”.
En relación ao programa TalentGalia, o Secretario Xeral do PSdeG, considéraa unha nova ocorrencia do goberno autonómico. “É como comprar un condutor sen coche”. Respondendo as súas declaracións, o Conselleiro de Economía e Industria ve positiva esta medida e defende o programa manifestando que non ve nada de “malo en que veñan a Galicia bos investigadores de todo o mundo”.
Por outra banda, Pachi Vázquez anunciou que o PSdeG creará un grupo estable de traballo en colaboración coas tres universidades galegas para “propoñer un itinerario, dotación orzamentaria e garantías” que rematen coa “fuga de cerebros”.
Fonte: Xornal.com