O Goberno do Estado incorpora as propostas do Senado á Estratexia 2010-2015 do Plan Avanza 2

O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, recibiu hoxe  unha representación da Comisión de Industria, Turismo e Comercio do Senado, integrada polos membros da mesa e os portavoces dos distintos grupos parlamentarios. Os representantes da Comisión entregáronlle ao secretario de Estado o documento que recolle as achegas da Cámara Alta á Estratexia 2010-2015 do Plan Avanza 2, un documento aprobado por unanimidade na sesión da Comisión celebrada o 21 de decembro de 2009. O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio incorporou as propostas do Senado á Estratexia 2010-2015 do Plan Avanza 2.

Fonte: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Principais puntos do documento do Senado

O documento da Comisión de Industria do Senado subliña que "avanzar na modernización de España esixe seguir apostando decididamente pola tecnoloxía da información e a comunicación". "As TIC son o sector económico que máis contibúe a mellorar a produtividade media da economía", engade.  Así mesmo, avoga por un cambio de modelo produtivo, que debe pasar, entre outros aspectos, e de forma ineludible, "polo reforzo da innovación, o coñecemento e o capital humano, todas elas dimensións centrais do TIC".

O documento fai balance do Plan Avanza, que no período 2006- 2009 contou cun orzamento de 6.021 millóns de euros. A esta cifra hai que sumar máis de 4.000 millóns de euros adicionais cofinanciados polas Comunidades Autónomas, Entidades Locais, institucións públicas e privadas e o sector empresarial. A Comisión de Industria do Senado considera que "á vista dos éxitos cultivados, e sendo conscientes da necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade do coñecemento, o compromiso do Goberno debe ser o da ampliación do período de vixencia deste Plan até o ano 2015, actualizando os seus obxectivos e actuacións para adecualos aos novos retos que nos presenta a sociedade en rede do século XXI".

O documento aposta por manter o modelo de execución en colaboración coas Comunidades Autónomas, Entidades Locais, entidades sen fins de lucros e empresas iniciado polo Plan Avanza, dado que reportou "múltiples vantaxes", e engade que "Avanza2 debe sustentarse sobre os logros conseguidos na primeira fase de Avanza, coa seguridade que supón continuar por unha senda á que moitos países da nosa contorna se sumaron?. O documento propón unha serie de obxectivos e actuacións para cada un dos eixes de Avanza2 (Infraestruturas, Confianza e Seguridade, Capacitación Tecnolóxica, Contidos e Servizos Dixitais, e Desenvolvemento Industrial do sector TIC), así como en materia normativa.

Por último, sinala que o sistema de seguimento e avaliación implementado para o Plan Avanza, un dos factores que influíu no éxito conseguido até o momento, debe utilizarse como base na execución de Avanza2, aumentando a súa eficiencia coa introdución dalgunhas melloras. Nesta liña, indica que "tras a avaliación periódica se proporán os axustes necesarios co obxecto de asegurar o seu cumprimento e eficiencia" e " que se establecerá unha fórmula de relación permanente cos axentes económicos e sociais vinculados a esta materia".