Martes, 24 de Agosto de 2010 11:12
O Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia e a Agasp veñen de asignar un acordo de colaboración no desenvolvemento de actividades de carácter formativo, divulgador e de investigación. Esta proposta responde ao obxectivo do CPEIG de potenciar o progreso de Galicia a través da difusión e aplicación da ciencia informática a tódolos ámbitos e, en especial, a aqueles que afectan a seguridade da cidadanía.
O acordo consiste na colaboración conxunta destas entidades na realización de cursos, xornadas, seminarios e outros actos de divulgación, na edición de publicacións e no desenvolvemento de proxectos de investigación. Deste xeito, trátase de garantir a máxima profesionalización e de ofrecer unha mellor calidade nos servizos de seguridade pública grazas ás novas tecnoloxías.
Fonte: CPEIG.org