O Cloud Computing a análise en Santiago de Compostela

O I Foro Galego Cloud Computing desenvolveuse en Santiago de Compostela coa participación de máis de 200 persoas, que analizaron os diferentes puntos de vista e novidades sobre a virtualización e a computación en nube, co fin de establecer un diálogo neste sentido entre Goberno, Administracións públicas, tecido empresarial, líderes de opinión e fabricantes de software e hardware. O foto inaugurárono a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, que consideraron que o modelo de computación en nuve modificará o ámbito tradicional do sector galego de servizos tecnolóxicos.

Fonte: Xunta de Galicia

O Cloud Computing, ou computación en nube, é un modelo de computación flexible que permite a xestión de recursos de tecnoloxías da información como servizos a través de internet. Basicamente, trátase dunha tecnoloxía que desvincula o servizo informático do hardware que emprega.

Así, estas solucións de virtualización teñen a capacidade de aforrar custos en infraestruturas e recursos, o que permite a expansión de grandes e pequenas empresas en todos os eidos. Así, o concepto de nube supón a dispoñibilidade de acceso a recursos desde calquera punto e lugar.

Aumento da produtividade
A responsable de Innovación Tecnolóxica indicou que “o Cloud Computing é un chanzo máis na evolución da informática unha ferramenta que permitirá ás organizacións usar recursos das Tecnoloxías da Información dun xeito máis práctico, flexible e cómodo” e apuntou as posibilidades que ofrece o Cloud Computing en canto á mellora de estruturas de custos, reacción rápida aos cambios do mercado e aumento da produtividade converten este modelo nunha tendencia que cambiará o ámbito tradicional dos negocios de servizos tecnolóxicos.

A secretaria xeral destacou entre as vantaxes deste novo modelo de computación que “todo o acceso a ferramentas de aplicacións básicas para ampliar a produtividade empresarial se fai a través da rede, o que permite ademais que os profesionais se comuniquen e colaboren xuntos a tempo real coas inmensas posibilidades que isto implica, ademais de ter a posibilidade traballar dende calquera dispositivo con conexión Internet”. Este tipo de solucións de virtualización teñen a capacidade de aforrar custos en infraestruturas e recursos, o que permite a expansión de grandes e pequenas empresas en todos os eidos. Así, o concepto de nube supón a dispoñibilidade de acceso a recursos desde calquera punto e lugar.

Mar Pereira sinalou “a seguridade e a interoperabilidade” como os retos fundamentais deste novo modelo de computación “xa que representan os puntos débiles que máis preocupan aos usuarios”. Por outra banda, para que o Cloud Computing teña éxito é fundamental impulsar a "conectividade" e estender as conexións de banda larga en Europa. Nesta liña, a secretaria xeral lembrou que a Xunta de Galicia está comprometida na extensión das infraestruturas de telecomunicación coa execución do Plan de Banda Larga. Esta iniciativa permitirá que moitas empresas que ata agora non dispoñían da posibilidade de externalizar mediante un modelo de Cloud Computing, o poidan facer en pouco tempo.

Aposta pola formación especializada
A directora xeral de Formación e Colocación cualificou o Foro de iniciativa novidosa e pioneira na nosa comunidade que vai permitir divulgar os beneficios dunha tecnoloxía de virtualización que suporá unha verdadeira evolución, cando non revolución, de determinados modelos de negocio, especialmente de compañías de servizos e proveedores de infraestruturas. Ademais, indicou que o evento “encádrase no marco de competencias propias do Centro de Novas Tecnoloxías consistentes en apoiar, desenvolver e colaborar na realización de actividades dinamizadoras do sector que potencien e complementen as actividades formativas orientadas a especialistas e expertos do sector TIC”.

Recalcou o valor da “aprendizaxe permanente como clave para sermos competitivos no mercado” e destacou a vocación do CNTG de ser “punto de encontro para compartir coñecemento, un lugar de colaboración coas empresas e asociacións empresariais galegas” e destacou a “implicación activa e continuada da Administración galega na formación permanente dos profesionais galegos en aras de configurar un tecido produtivo cada vez máis competitivo.2

Ana Díaz sinalou que no novo escenario económico da sociedade do coñecemento “as Tecnoloxías da Información e a Comunicación convertéronse decidida e definitivamente en elementos estratéxicos para garantir a competitividade das empresas en mercados cada vez máis globalizados e intensivos no uso da información e en motor de creación de emprego cualificado e de alto valor engadido”.