Mércores, 08 de Setembro de 2010 12:17
Durante o Congreso SITE, celebrado no recinto ExpoCoruña os días 17 e 18 de novembro, empresas e expertos do sector TIC darán a coñecer as novas tendencias dixitais. O gran obxectivo deste evento constitúe crear nesta cidade galega “un punto de encontro para innovación na banca, no comercio electrónico e nas administracións públicas” e, a súa vez, pretende servir de escaparate para as innovacións tecnolóxicas.
O congreso desenvolverase en dous niveis: por unha banda, haberá un salón expositivo e, por outra, actividades de intercambio directo de coñecemento entre expertos e asistentes.
Fonte: Código Cero