As empresas galegas xa poden acceder a CLOUDPYME

Xa esta dispoñible a nova plataforma de computación de alta capacidade CLOUDPYME para todas aquelas empresas galegas que desexen probala. Esta nova plataforma de supercomputación na nube foi desenvolta polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en colaboración cos Centros Tecnolóxicos AIMEN, CATIM e AIMMAP

Recollida en OSIMGA | Mancomún.org | TicPymes

Mediante CLOUDPYME ábrese unha nova vía para as pequenas e medianas empresas de Galicia e Norte de Portugal, con tantas oportunidades de desenvolvemento e negocio coma o uso dunha plataforma de computación científico-técnica de alta capacidade permita.

A simulación numérica é unha ferramenta fundamental para moitas empresas, facilitando a xeración de novos produtos e reducindo os custos do seu desenvolvemento. Polo xeral, as empresas que utilizan simulación, empregan as súas propias infraestruturas informáticas, bloqueando as mesmas para outras tarefas necesarias ou limitando o número de ensaios que realizan. Con esta nova plataforma que conta respaldo dunha infraestrutura de computación estable e segura, formada por máis de 1.200 procesadores e 31.000 GB de espazo en disco, elimínanse todos estes inconvintes. 

 Deste xeito ábrese tamén a posibilidade de utilizar simulación numérica a aquelas empresas que aínda non a utilizan nos seus procesos de innovación. Dende agora ás empresas poderán conectarse á infraestrutura tecnolóxica instalada no Centro de Supercomputación de Galicia e ensaiar cos seus prototipos virtuais baixo demanda á medida das súas necesidades. En principio ofrécese o acceso a software de código aberto para CAD e CAE, pero tamén se permite a instalación doutro software de cálculo ou análise de datos que a empresa desexe.

Todas as empresas galegas o desexen teñen a oportunidade de probar CLOUDPYME de de xeito gratuito por un tempo limitado, podendo solicitar o acceso a mesma través da seguinte web: http://www.cloudpyme.eu/