A Modernización Tecnolóxica en Galicia parece posible: 28 liñas de actuación para “ dar acceso á Rede a tódolos galegos”

A Xunta de Galicia acordou, cos sindicatos e a patronal, o desenvolvemento de 28 liñas de actuación para progresar no desenvolvemento tecnolóxico galego e, deste xeito, aproximarse ás expectativas deste sector na Unión Europea. As liñas de actuación están destinadas, principalmente, ao desenvolvemento de infraestruturas de banda larga, á extensión do modelo de eGoberno ás administracións públicas galegas, á racionalización e simplificación administrativa, á incentivación e progreso do sector TIC, ao impulso da alfabetización dixital e á potenciación do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia.

As liñas de actuación en materia de novas tecnoloxías, aprobadas polos representantes sindicais e empresariais abranguen o desenvolvemento de infraestruturas de banda larga, a extensión do modelo de eGoberno ás administracións públicas galegas, a racionalización e simplificación administrativa, a incentivación e desenvolvemento do sector TIC galego, o impulso da alfabetización dixital e a potenciación do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia.

A Secretaria Xeral de Modernización, Mar Pereira, destacou que o Plan de Banda Larga de Galicia (2010-2013) é unha ferramenta “para posibilitar o acceso á banda larga de todos os galegos e galegas” apostando pola posta en marcha “dun plan sectorial de infraestruturas de redes públicas necesario para unha axeitada ordenación do territorio en función dos servizos de telecomunicacións a prestar á cidadanía”.

En relación ao avance das políticas de eGoberno, a Xunta de Galicia desenvolve varias liñas de acción relacionadas coa sanidade, adminstración, concellos, educación e xustiza. Con estas medidas, a Secretaría Xeral de Modernización pretende a creación dun novo modelo de administración “máis transparente, accesible e que suprima tódolos trámites ou requerimentos que non aporten un valor necesario.

Estas iniciativas non se esquecen do sector empresarial. Coa finalidade de potenciar este sector das tecnoloxías da información e a comunicación en Galicia, a Xunta de Galicia deseñou varias medidas que “implican a elaboración dun Plan Integral de desenvolvemento do sector en colaboración coas organizacións empresariais e sindicais da comunidade”.

Fonte: Xornal.com, Código Cero, iMit