Mércores, 22 de Setembro de 2010 10:20
A Consellería de Economía e Industria, encargada de defender os intereses do sector empresarial, anuncia a creación do programa TalentGalicia para captar investigadores de primeiro nivel que emigraron de Galicia. Cun orzamento de máis de 12 millóns de euros, o principal obxectivo desta iniciativa é “captar talento” para nutrir os centros tecnolóxicos e de investigación da comunidade galega.
O conselleiro de Economía, Javier Guerra, explicou que mediante este proxecto desenvolverase un programa de contratos para a captación de investigadores senior por parte de 11 institucións de investigación do Sistema Galego de I+D+i coa finalidade de incrementar o nivel de investigación e innovación en Galicia “con profesionais que liderarán proxectos innovadores e de futuro”.
Fonte: La Voz de Galicia, Código Cero, iMit