Tecnoloxia

A Xunta presume de sistema electrónico de facturación a pesar de que representantes do sector material eléctrico recoñecen a pasividade nos abonos

Venres, 03 de Setembro de 2010 11:11

A Consellería de Facenda indica que o goberno autonómico conseguiu reducir nun período de 21,75 días o tempo de pago aos provedores só catro meses despois de poñer en marcha o sistema electrónico de facturación. Trátase esta unha actuación que responde e se adianta a normativa establecida pola Directiva Europea de pagar, como máximo, en 45 días.

Ler máis

   

O CNTG abre o prazo de inscrición dos cursos do 4º trimestre 2010

Xoves, 02 de Setembro de 2010 11:35

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abre o prazo de inscrición para a participación nos cursos formativos do CNTG durante o cuarto trimestre de 2010. Trátase dunha formación práctica, técnica, especializada, gratuíta e orientada ao mundo laboral, principalmente destinada  a profesionais do sector TIC. Este cuarto trimestre conta con un total de 17 xornadas que serán impartidas, case na súa totalidade, nas instalacións do CNTG.

Aqueles que desexen información sobre os cursos ofertados ou realizar a inscrición a través dun formulario de acceso (previo rexistro como usuario) deberán acudir a web do centro: http://cntg.xunta.es

   

España ocupa o terceiro posto de E-Participación segundo un estudo das Nacións Unidas

Xoves, 02 de Setembro de 2010 10:41

Un informe das Nacións Unidas, destinado a analizar o nivel de desenvolvemento da E-Administración, sitúa a España no terceiro posto de E-Participación. O estudo, realizado entre os 191 países que conforman o organismo internacional, mostra as tendencias empregadas polas administracións cara a multiplicación das vías de participación e canais para a recepción das opinións dos cidadáns e a proliferación de numerosas redes sociais e blogs que pretenden un maior achegamento á poboación.

Ler máis

   

A Modernización Tecnolóxica en Galicia parece posible: 28 liñas de actuación para “ dar acceso á Rede a tódolos galegos”

Luns, 30 de Agosto de 2010 10:20

A Xunta de Galicia acordou, cos sindicatos e a patronal, o desenvolvemento de 28 liñas de actuación para progresar no desenvolvemento tecnolóxico galego e, deste xeito, aproximarse ás expectativas deste sector na Unión Europea. As liñas de actuación están destinadas, principalmente, ao desenvolvemento de infraestruturas de banda larga, á extensión do modelo de eGoberno ás administracións públicas galegas, á racionalización e simplificación administrativa, á incentivación e progreso do sector TIC, ao impulso da alfabetización dixital e á potenciación do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia.

Ler máis

   

A semana das TIC en Galicia: Máis de 500 profesionais de toda Europa participarán na 49ª edición do Congreso FITCE

Venres, 27 de Agosto de 2010 10:48

Todo está preparado para acoller, entre o 1 e o 4 de setembro, a máis de 500 profesionais das telecomunicacións procedentes de toda Europa. Santiago de Compostela será a capital do sector TIC europeo.

Durante estes días o Hostal dos Reis Católicos de Compostela será a sede de celebración da 49ª edición do Congreso FITCE, simposio europeo das TIC onde profesionais das telecomunicacións das novas tecnoloxías da comunicación e da sociedade da información se darán cita nun encontro que, este ano, dedicará a súa temática central a “O Camiño de Santiago e as Telecomunicacións Europeas”.

Ler máis

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL