Martes, 07 de Setembro de 2010 12:32
A Secretaría Xeral de Turismo vai viaxar ata Creta para participar nun workshop dedicado ao potencial das tecnoloxías da información aplicadas ao sector para asentar as bases dunha economía de turismo sostible.
Este workshop, que se celebra entre o 21 e o 23 de setembro, ten como obxectivo mellorar a competitividade do sector turístico dende entidades locais e rexionais a través do perfeccionamento das súas políticas e das súas ferramentas tecnolóxicas.
Luns, 06 de Setembro de 2010 10:34
Ábrese o prazo de presentación das candidaturas para os premios FICOD 2010 ata o 20 de outubro. Estes galardóns pretenden recoñecer o labor na produción das empresas en canto a contidos dixitais. O xurado decidirá entre as propostas en función ao nivel de orixinalidade, innovación e esforzo no mercado dos contidos dixitais.
As bases da convocatoria e os formularios para presentar as candidaturas ás diferentes candidaturas de premios pódense consultar na páxina web Red.es
Luns, 06 de Setembro de 2010 10:23
Dentro do Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013, a Secretaría Xeral de Modernización de Galicia concede axudas por un importe de 1,2 millóns de euros para o despregamento de redes de banda larga na contorna rural galega con máis dificultades de acceso.
Luns, 06 de Setembro de 2010 10:14
Classora é un buscador que posúe unha base de coñecemento que comparte características con outros buscadores, porén, incorpora unha serie de elementos que lle axudan a diferencialo do resto. Os responsables desta ferramenta informan de que é quen de entender o significado de todo aquilo ao que dá oco. A iniciativa tería potencial para achegar resolucións a todo tipo de problemas ou preguntas.
Venres, 03 de Setembro de 2010 11:25
No marco da inauguración da 49ª edición do Congreso FITCE, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, resaltou que a Axenda Dixital de Galicia será clave “para crear emprego e riqueza, construír unha administración máis eficiente e próxima, capacitar aos cidadáns para o mercado global e dotar a comunidade de infraestruturas de telecomunicacións modernas e sostibles”. Un tarefa complicada cuxos obxectivos, segundo a Secretaria Xeral, son “ambiciosos pero alcanzables”.
Páxina 8 de 41