Venres, 24 de Setembro de 2010 10:43
O Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo e Gradiant desenvolveron unha ferramenta innovadora que mellora a capacidade de detección e identificación de intercambios de pedófilos na rede. VICUS, que así se chama este novo sistema, permitiu que a Garda Civil detivese e imputase a 19 persoas no marco da operación Telémaco.
Xoves, 23 de Setembro de 2010 10:44
O presidente do Grupo Parlamentario Socialista e Secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, reclamou ao goberno autonómico a necesidade de poñer en marcha “medidas de carácter urxente” para garantir o traballo os investigadores a partir de 2011. O socialista galego recordou a precariedade e as dificultades de emprego coas que se atopan os investigadores en Galicia e declarou que “máis de 300 persoas quedarán sen traballo a partir do 1 de xaneiro”.
Mércores, 22 de Setembro de 2010 10:33
A Universidade de Vigo iniciou unha campaña de captación de apoios ao Campus do Mar entre o alumnado a través da Rede. Máis de 100 estudantes das facultades de Ciencias do mar, Bioloxía e Química xa se rexistraron e ofreceron o seu apoio na web do proxecto.
Mércores, 22 de Setembro de 2010 10:20
A Consellería de Economía e Industria, encargada de defender os intereses do sector empresarial, anuncia a creación do programa TalentGalicia para captar investigadores de primeiro nivel que emigraron de Galicia. Cun orzamento de máis de 12 millóns de euros, o principal obxectivo desta iniciativa é “captar talento” para nutrir os centros tecnolóxicos e de investigación da comunidade galega.
Luns, 20 de Setembro de 2010 11:18
Jorge Cebreiros, presidente de Ineo concede unha entrevista ao suplemento Mercados de La Voz de Galicia. Nela, o presidente de Ineo explica as tarefas e a historia da agrupación á que representa e destaca o papel das novas tecnoloxías da información e da comunicación no mundo empresarial. Considera fundamental que unha empresa innove para ser competitiva e, para isto, manifesta que a empresa debe valerse das novas tecnoloxías e usar as redes sociais para facer partícipes aos clientes na toma de decisións.
Páxina 4 de 41