Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO EXP. EGP032009

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO EXP. EGP032009

ASISTENCIA TÉCNICA PARA A CONSULTORÍA E DESEÑO DE FERRAMENTAS DE ESCRITORIO DE XESTIÓN EMPRESARIAL DENTRO DO PROXECTO ER-INNOVA

En data 28 de decembro de 2009 e con base nas puntuacións obtidas, o Órgano de Contratación adxudicou provisionalmente á empresa AVA SOLUCIONES TECNOLÓGICAS, S.L. o contrato con número de expediente EGP032009 “Asistencia técnica para o deseño e desenvolvemento do portal web colaborativo do proxecto ER-INNOVA

Esta adxudicación provisional foi notificada á empresa adxudicataria e aos licitadores, ademais de ser publicada na páxina web www.eganet.org.

A empresa AVA SOLUCIONES TECNOLÓGICAS, S.L., procedeu a presentar en prazo a documentación requirida segundo se establece no correspondente prego de condicións.

Tendo en conta as consideracións anteriores, o Órgano de Contratación RESOLVE:

1) Elevar a definitiva a resolución de adxudicación provisional do 21 de decembro de 2009, pola que se adxudica á empresa AVA SOLUCIONES TECNOLÓGICAS, S.L. o contrato “Asistencia técnica para a consultoría e deseño de ferramentas de escritorio de xestión empresarial dentro do proxecto ER-INNOVA” conforme á súa oferta por importe de 60.000,00 € (IVE non incluído) e con suxeición ás condicións do Prego de Cláusulas Particulares que rexe a presente contratación.

2) Publicar esta adxudicación definitiva na web www.eganet.org e notificar esta adxudicación á empresa adxudicataria e aos licitadores.

3) Formalizar o correspondente contrato dentro dos prazos establecidos, logo da

notificación desta resolución aos licitadores.

E para que así conste, en Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2009.


Asdo. Beatriz Legerén Lago

Presidenta de Eganet