A sétima edición dos Premios Eganet xa ten finalistas

O xurado dos premios anuais que concede a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) vén de facer públicas as candidaturas finalistas da VII Edición dos Premios Eganet. O vindeiro mércores, día 22, terá lugar o acto de entrega dos galardóns no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, en Santiago de Compostela, nunha gala que comezará ás sete do serán.

 

 

As empresas asociadas a Eganet acordaron outorgarlle o Premio Especial 2010 a Altia Consultores, por ser a primeira empresa galega do sector en cotizar en bolsa, por defender a empresa galega e polo convencemento  da necesidade de cooperación de empresas pequenas e grandes para mellorar.

Os proxectos finalistas nas oito categorías restantes desta VII edición dos premios, elixidos de entre  un total de 262 candidaturas, son os seguintes:

Categoría E-emprendedores

•    Ontouch Nueva Tecnología Publicitaria.
•    A Navalla Suíza.
•    Enxendra Technologies.
•    IP Web Services.

Categoría Software, Multimeda ou Web

•    SIXTEMA: iKimpap.
•    Confirmisgn: Confirmsign..
•    Editorial Galaxia/Perro Verde Films/Milrayas: ContoPlanet.
•    Redenasa.Tv e a Navalla Suíza: Redenasa.Tv.

Categoría Inclusión Dixital

•    Signo Ingeniería del Territorio: Guía de turismo accesible para Internet e teléfonos móbiles.
•    Vmodal Interactive: Rurais LAB
•    Galinus Taller de Novos medios: Que Pasa na Costa.
•    Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP): Inmigración Galicia

Categoría Publicidade e Marketing OnLine

•    Interacción: Os Crebinsky.
•    Elogia Media: el caso no resuelto de Canon City.
•    Galinus Taller de Novos Medios: A Reforma de Galinus.
•    Paco&Lola Albariño: Estratexia de marketing online do Albariño Paco&Lola.

Categoría E-Commerce

•     KSN Ediciones S.C./AVA Soluciones Tecnológicas: KNS Ediciones.
•    Dosmasdos Soluciones Informáticas: NOD32 Antivirus.
•    Visual Publinet. Gestor de reservas aparcamiento PARKEVOA
•    Lonxa Cultural: Toupa.net.

 Categoría Administración Electrónica

•    Bit Oceans Research: Fividoc. A firma electrónica en papel.
•    Enxendra Technologies: Plataforma de factura electrónica.
•    Imatia Innovation: CIVIDAS.
•    Imaxdi Real Innovation: Imaxdata digital pen.

Categoría Educación Dixital

•    Centro de Supercomputación de Galicia e Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra: Comunidades Rurais Virtuais.
•    CEIP Nétoma-Razo, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, CEIP O Graxal: O Campo da Feira.
•    Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia: Navega con Rumbo polo Ciberespazo.
•    Interacción/Imaxín: O valor de IGU.

 Categoría Mellor Ambiente Laboral

•    Arume Desenvolvementos Informáticos
•    Hacce Soluciones TIC
•    Coremain
•    eLABORO, Ingeniería del Software.

Como novidade da edición deste ano, a organización concederá catro premios globais a aqueles participantes que mellor aposta fagan polo software libre, a innovación, a mobilidade e a accesibilidade entre todos os proxectos presentados. Tamén neste caso os gañadores se coñecerán no decurso da gala que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o vindeiro mércores, día 22, e que será conducida por Fran Hermida.
Estes premios son un proxecto cofinanciado polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia

10º aniversario da asociación
Eganet, presidida por Víctor López, é a asociación de empresas galegas que desenvolven software e/ou servizos TIC. Este ano fai unha década de vida, desde que se creara no 2000 co obxectivo de aglutinar as empresas que representan o corazón das TIC e que abranguen as cinco principais áreas de negocio: Internet e medios Online; Comunicación Interactiva e Novos Medios; Consultaría e Asesoramento TIC; Conectividade e Integración de Sistemas; e Desenvolvemento e Software.
Como patronal das TIC galegas é o referente no sector e representa e defende os intereses das empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade empresarial neste ámbito. Eganet  basea o seu labor na defensa do libre mercado, presta servizos ás empresa asociadas e traballa para conseguir a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías como ferramentas de mellora ante a competitividade, tanto nos sectores empresariais como no desenvolvemento individual.