EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías
ToxoTIC
Venres, 15 de xuño de 2012 11:56
Un ano leva en funcionamento o chamado Centro Demostrador TIC de Galicia –CDTIC–, autodenominado “escaparate tecnolóxico” onde se realizan presentacións das solucións que desenvolven as empresas TIC galegas co obxectivo de achegalas ao resto de sectores produtivos do país. No ToxoTIC avaliamos a operatividade deste centro e o seu primeiro balance de actuacións, presentado nunha xornada de boas prácticas o pasado mes de maio.
Empresas Socias
Mércores, 13 de xuño de 2012 11:51
Se hai dez anos, cando o Prestige se afundiu nas costas galegas, existisen as redes sociais e todas as ferramentas comunicativas das que dispoñemos hoxe, seguramente a Marea Branca de voluntarias e voluntarios que acudiron a limpar as nosas praias cobrase dimensións de tsunami. Unha década despois, a tecnoloxía sirve para tecer unha rede que volva a poñer en contacto a todas esas persoas grazas ao proxecto Galicia en Color, unha iniciativa da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte cuxa web e comunicación online está desenvolvida polo equipo de Galinus.
Empresas Socias
Martes, 12 de xuño de 2012 10:51
O vindeiro 14 de xuño, o Betabeers chega por primeira vez a Galicia para compartir experiencias e poñer en contacto a empresas e desenvolvedores de web e aplicacións móbiles. Dúas das empresas socias de Eganet, Igalia e Igneoma, participarán neste encontro que vén de realizarse exitosamente en cidades como Madrid, Barcelona, Murcia, Bilbao ou Salamanca e que nesta ocasión vaise celebrar no ITE (Instituto Tecnológico Empresarial de NovaCaixaGalicia), na cidade da Coruña.
ToxoTIC
Venres, 08 de xuño de 2012 08:07
A iniciativa puntoGAL continúa a dar novos pasos para conseguir un dominio galego na Internet. Estes días tiñamos coñecemento do máis decisivo: a presentación da candidatura na ICANN, que este ano, por fin, abriu o prazo para novas solicitudes, algo que non facía dende o ano 2004. Non era, pois, sen tempo, Galicia agarda polo seu dominio dende hai seis anos, cando se constituía a asociación promotora, que hoxe conta co apoio unánime de todos os sectores sociais, culturais e políticos. Imos repasar neste ToxoTIC a iniciativa do .gal, un dominio en internet que aínda sen existir conta xa con máis historia que calquera lexislatura ou proxecto de goberno.
Empresas Socias
Xoves, 31 de Maio de 2012 17:29
Tras seis anos de traballo como partner de integración de sistemas de Alfresco para a zona EMEA (Europa, Oriente Medio e África), a empresa de Eganet Queres Tecnología resultou premiada pola compañía californiana co galardón á Mellor Solución 2012, que recibiron durante a Conferencia de Partners desta zona celebrada na localidade francesa de Mandelieu La Napoule o pasado 25 de abril.
Páxina 9 de 40