Eganet

EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías

Áreas de Negocio

  • Internet e medios online
  • Comunicación interactiva en novos medios
  • Consultaría e asesoramento TIC
  • Conectividade e integración de sistemas
  • Desenvolvemento de software

Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

Twitter 

ToxoTIC

Nova lei para a innovación galega

Venres, 22 de xuño de 2012 09:57

A I+D galega vai ter un novo marco legal. A Xunta aprobou no seu Consello o proxecto de Lei de Fomento da Investigación e a Innovación de Galicia, unha lei que substituirá a actual, que suma xa case vinte anos de vixencia. O obxectivo do Goberno galego pasa por vincular a iniciativa privada na promoción da innovación, aparte da necesaria actualización normativa e adecuación aos novos marcos legais no Estado e en Europa. No Toxotic facemos un repaso pola situación da I+D+i galega e a repercusión que pode exercer o novo texto legal, unha lei que chega pouco despois de se aprobar a primeira lei de política industrial para Galicia.

Ler máis

   

Eganet

Os socios de Eganet terán un desconto para contratar espazos no Culturgal 2012

Xoves, 21 de xuño de 2012 13:39

Un ano máis o Culturgal volverá ao Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro. Como vén sendo habitual, Eganet colabora e participa na organización deste gran escaparate das industrias culturais galegas e abre o espazo ás empresas socias para que tamén elas poidan aportar os seus proxectos e coñecementos ao amplo abano de oferta da feira.

Ler máis

   

Eganet

Primeiro encontro CATS sobre Tecnología Social en Galicia

Mércores, 20 de xuño de 2012 17:20

A tecnoloxía social, a que contribúe a mellorar diversos aspectos da vida das persoas, é o eixo central dos encontros do Club de Amigos da Tecnoloxía Social (CATS), unha iniciativa que provén da Fundación Tecnología Social (FTS) e que recalará no CNTG de Compostela o vindeiro 28 de xuño tras cinco exitosas edicións en Madrid. En Eganet traballamos dende sempre para que a tecnoloxía sexa unha ferramenta que rompa as fendas de todo tipo entre as persoas e, consecuentemente, participaremos neste evento a través da presenza do presidente da asociación, Víctor López.

Recollida en Código Cero | OSIMGA

Ler máis

   

Eganet

Eganet estará na 4º edición das Xornadas Benvende, en Pontevedra

Mércores, 20 de xuño de 2012 10:55

Achégase a 4º edición das Xornadas de Negocio Benvende, uns encontros empresariais organizados pola Concellería de Economía e Industria a través do BIC Galicia. A xuntanza será o día 26 de xuño no Hotel Galicia Palace, en Pontevedra, e contará unha vez máis coa participación das empresas de Eganet, que xa se implicaron en edicións anteriores. Coa presencia neste evento queremos reafirmar o compromiso da asociación e dos seus compoñentes cos programas de intercambio e coñecemento entre empresas e entidades, que supoñen unha boa posibilidade de ampliar as redes de negocio.

Recollida en PressPeople

 

Ler máis

   

Empresas Socias

ikiMap redeséñase co foco posto na usabilidade e na integración con outros GIS

Martes, 19 de xuño de 2012 11:43

Os sistemas de información xeográfica (GIS, polas súas siglas en inglés) son unha das máis interesantes posibilidades que a web de hoxe ofrece ás persoas, e os seus usos son tan variados coma os intereses de cada quen. Na nosa terra, a empresa de tecnoloxía xeográfica Sixtema soubo ver o potencial destas ferramentas e a súa resposta foi o servizo ikiMap. Agora, esta páxina de creación e partilla de mapas cumpre dous anos de vida, e o celebra cun profundo redeseño que facilita o seu uso a través dunha nova interface moito máis intuitiva e visual que remedia as principais debilidades da anterior versión.

Recollida en Código Cero | RedTicos | Cartesia | La Cartoteca | QuePasaNaCosta

Ler máis

   

Páxina 8 de 40

Últimas ofertas de emprego

Acceso Socios