EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías
Empresas Socias
Martes, 02 de Outubro de 2012 09:25
A empresa Imatia, asociada a Eganet, especializada no desenvolvemento de sistemas de información, participará en calidade de patrocinador na "X Edición do GaliciaTIC 2012".
Tecnoloxia
Venres, 28 de Setembro de 2012 09:22
Xa esta dispoñible a nova plataforma de computación de alta capacidade CLOUDPYME para todas aquelas empresas galegas que desexen probala. Esta nova plataforma de supercomputación na nube foi desenvolta polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en colaboración cos Centros Tecnolóxicos AIMEN, CATIM e AIMMAP.
Empresas Socias
Luns, 24 de Setembro de 2012 09:34
Eganet estivo presente de xeito activo o martes 25 de setembro no workshop "Turismo e novas Tecnoloxías", que se celebrou no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) en Santiago de Compostela, coa finalidade de promover a utilización das novas tecnoloxías no sector turístico.
Empresas Socias
Venres, 14 de Setembro de 2012 09:11
A empresa Abertal Networks presentará durante esta fin de semana no marco da "I Xornada Internacional de Protección Civil" a súa nova ferramenta ANAVGEST. Este novo programa é unha ferramenta de xestión de agrupacións, desenvolta en colaboración coa Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (A.N.A.V.).
Empresas Socias
Mércores, 12 de Setembro de 2012 07:51
A empresa Imaxin Software, asociada a Eganet, presentou a nova versión do seu corrector Imaxin Galgo. Dende a súa creación, Imaxin, leva apostando polo galego cos seus servizos integrais de localización de software, as súas solucións multilinguaxe de procesamento lingüístico-documental e as colaboracións coa administración pública galega.
Páxina 6 de 40