EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías
Empresas socias
Mércores, 01 de Febreiro de 2012 13:09

A empresa de solucións tecnolóxicas Redegal, socia de Eganet, ven de darlle un pulo ao seu labor coa apertura dunha nova oficina na cidade de Vigo. A apertura desta nova sede quere ser un paso estratéxico que responde ao obxectivo de buscar novas sinerxias coas empresas establecidas nesta cidade, afianzar as relacións xa creadas e atopar novos nichos de mercado para darlle maior saída aos seus servizos tecnolóxicos, que hoxe están orientados ao desenvolvemento de solucións de e-commerce e aplicacións para móbiles, ademais dos servizos de consultoría e software a medida que Redegal viña fornecendo tradicionalmente.
Empresas socias
Venres, 27 de Xaneiro de 2012 14:08
Onte facíase público o programa completo do Compostweets 2012, a segunda edición do Encontro Anual de Social Media en Galicia que se celebrará o sábado 25 de febreiro no Centro de Novas Tecnologías de Galicia (CNTG). Tres das empresas de Eganet, Buydeal, Primate e Imaxín Software, participarán activamente en dúas das mesas redondas previstas para a xornada.
Empresas socias
Xoves, 26 de Xaneiro de 2012 14:04
O pasado 18 de xaneiro anunciabamos a apertura da inscrición para o curso de HTML5 que organiza Eganet en colaboración con Tesla Technologies e Imaxín Software. Tras esgotar en apenas tres días as 15 prazas ofertadas nun principio, decidimos ampliar atá 20. A día de hoxe, quedan dúas prazas dispoñíbles para empresas externas a Eganet, que se ofertan ao prezo de 250€ por persoa.
Internet
Luns, 23 de Xaneiro de 2012 12:01
Dende xaneiro de 2010, os emprendedores galegos teñen por costume xuntarse o último venres de cada mes nunha xuntanza que se deu en chamar "Lacon Network", e que naceu dunha idea dos equipos de ConfirmSign, unha das nosas empresas socias, e Pleiteando.com, rede social para profesionais do mundo lexislativo. O vindeiro 27 de xaneiro, a Lacon Network celebrará o seu segundo aniversario cun encontro no Centro Tecnolóxico de Arteixo (Avd. Arsenio Iglesias s/n), a partir das 10:00, no que o presidente de Eganet, Víctor López, intervirá como participante nunha das mesas redondas.
Empresas socias
Mércores, 18 de Xaneiro de 2012 12:37
As sinerxias entre Eganet e as empresas socias permiten ampliar e mellorar os servizos que ofrece a propia asociación. Nesta liña de colaboración, comprácenos anunciar a organización do curso "Introdución a HTML5", destinado ás empresas de Eganet, que terá lugar entre o 10 e o 18 de febreiro. Tesla Technologies será a encargada de impartilo, mentres que Imaxín Software ofrecerá a súa sede para a celebración do mesmo. O curso está destinado a socios de Eganet, e abrirase ao público só se as empresas socias non cubren as prazas ofertadas. Neste caso, o prezo para as persoas alleas á asociación será de 250€.
Páxina 3 de 24