Eganet

EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías

Áreas de Negocio

  • Internet e medios online
  • Comunicación interactiva en novos medios
  • Consultaría e asesoramento TIC
  • Conectividade e integración de sistemas
  • Desenvolvemento de software

Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

Twitter 

Eganet

Eganet acolle cinco novas empresas: Explica Ingenieros, PéZcalo, Redegal, Agalip e Galebook

Mércores, 20 de xullo de 2011 11:34

Eganet (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías) continúa a incrementar o número de socios con novas altas que veñen a demostrar o interese das empresas por reforzar e unirse ao traballo que está a desenvolver a asociación. Nestes últimos tres meses acolleu a cinco empresas que nos dispoñemos a presentarvos.

Ler máis

   

Eganet

A II fase do proxecto para a cooperación empresarial permitirá ás empresas identificar o seu potencial e perfil estratéxico de cara a establecer alianzas e fusións

Xoves, 14 de xullo de 2011 12:55

Eganet desenvolve un proxecto que invita e acompaña ás empresas no proceso de fusión e establecemento de cooperacións e alianzas empresariais. Está enfocado para que as entidades do sector galego do software e de contidos dixitais -caracterizado polo pequeno tamaño das empresas e a atomización- poidan gañar tamaño e competitividade. Trala finalización desta fase, para o mes de setembro, terá lugar a terceira e última etapa do proxecto, destinada á consecución da consolidación das alianzas. 

Ler máis

   

Eganet

O CPETIG dáse de baixa do Clúster TIC Galicia

Luns, 11 de xullo de 2011 13:59

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) vén de facer pública a súa decisión de causar baixa no Clúster TIC. O Colexio escolleu este camiño trala súa última reunión.

Ler máis

   

Eganet

Agestic abandona o Clúster TIC Galicia

Venres, 08 de xullo de 2011 12:44

Agestic fixo pública a súa baixa no Clúster TIC. O imcumprimento do compromiso de reformas estatutarias e a non aceptación do Documento entregado e subscrito conxuntamente por Agestic e Eganet motivan a decisión.

Ler máis

   

Eganet

Os socios de Eganet inauguran a nova sede cunha satisfactoria xuntanza

Xoves, 07 de xullo de 2011 09:48

Eganet celebrou onte a inauguración da súa nova sede cunha reunión dos representantes súas empresas socias. O novo local, o CENTRO DE COÑECEMENTO TIC E XÉRMOLO PARA NOVAS ALIANZAS, abriu as súas portas ao futuro da asociación cun agradable ambiente.

A asociación pretendeu que os seus socios coñeceran as posibilidades que o novo establecemento, situado na Rúa Pombal, 43, en Santiago de Compostela, ofrece para mellorar e ampliar os servizos que se lles vaia a proporcionar, así como para que se convirta no espazo colaborativo das empresas, e ser así un lugar para traballar, coñecer e compartir. 

Ler máis

   

Páxina 29 de 40

Últimas ofertas de emprego

Acceso Socios