Eganet

EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías

Áreas de Negocio

  • Internet e medios online
  • Comunicación interactiva en novos medios
  • Consultaría e asesoramento TIC
  • Conectividade e integración de sistemas
  • Desenvolvemento de software

Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

Twitter 

Empresas Socias

Wireless Galicia fará unha demostración do sistema multimedia iBeaken no Centro Demostrador TIC

Luns, 26 de Setembro de 2011 12:07

Wireless Galicia, empresa socia de Eganet especializada no desenvolvemento de sistemas de comunicación inalámbricos e de mobilidade, segue a apostar pola creación e a difusión de novos sistemas que melloren os servizos e satisfagan as necesidades dos profesionais e dos usuarios das novas tecnoloxías. O último proxecto que apoia, o iBeaken, é unha solución tecnolóxica orientada a facilitar o acceso a información multimedia relacionada con lugares de interese cultural a través de calquera teléfono móbil intelixente. Wireless Galicia é a partner en España do iBeaken, e fará unha demostración no Centro Demostrador TIC de Galicia o próximo 6 de outubro.

Ler máis

   

Eganet

Remata o prazo de presentación de propostas para o Culturgal 2011

Martes, 20 de Setembro de 2011 11:21

Esta semana remata o prazo para que empresas, creadores e entidades do sector cultural galego presenten as súas propostas de actividades para a Feira Galega das Industrias Culturais, o Cuturgal 2011. O domingo 25, o último día, rematan tamén os prazos de oferta por pronta contratación de espazos de exposición e venda na feira e oferta por pronta inscrición no foro profesional. Eganet colabora na súa organización e posta en marcha.

Ler máis

   

Eganet

Ofrecer os mellores servizos ás empresas socias: Eganet segue asinando convenios de colaboración con empresas

Venres, 16 de Setembro de 2011 11:06

Eganet continúa a súa intención de convertirse no paraugas das empresas TIC galegas. Protexer os intereses das entidades socias, impulsar os seus proxectos, ou axudalas a conseguir e afianzar unha posición e imaxe no sector, entre outros, son os principais obxectivos da asociación. Con este fin, Eganet é partidario de firmar convenios de colaboración con diversas empresas que oferten servizos que sexan directamente beneficiosos para os seus socios. Actualmente, a asociación conta con varios acordos con compañías que cubren as súas necesidades dentro das súas actividades.

Ler máis

   

Eganet

Eganet e Clarke, Modet & Cº España impulsarán a protección da propiedade industrial e intelectual cun novo convenio

Xoves, 15 de Setembro de 2011 11:55

Eganet vén de firmar un convenio con Clarke, Modet & Cº España, empresa adicada ao asesoramento, xestión e tramitación de todos os asuntos relacionados coa propiedade industrial e intelectual, co obxectivo da súa colaboración impulsando a protección do maior valor engadido das empresas TIC, a súa marca identitaria. Con este acordo, as empresas da asociación poderán beneficiarse dos servizos ofertados pola multinacional, relacionados coa protección, a valoración ou o asesoramento en temas relativos a estes dereitos, co fin de afianzar a súa imaxe e posición dentro do sector TIC.

Recollido en Código Cero

Ler máis

   

Eganet

Os proxectos da asociación e a necesidade de achegar as TIC a todos os sectores, a debate na Xuntanza Informal de Socios

Xoves, 08 de Setembro de 2011 11:25

Participación, motivación, ideas e cooperación. Estes foron os conceptos máis presentes na xornada de onte, na que se celebrou unha nova xuntanza informal de socios de EGANET. Desde o tratamento dos proxectos que a asociación ten no momento na súa axenda máis inmediata, e ata temas como a expansión e a conexión do importante sector TIC co resto do entramado de sectores empresariais e industriais, os socios asistentes e a xunta directiva da asociación mergulláronse nun debate satisfactorio e produtivo que de seguro deixará ver bos resultados en pouco tempo.

Ler máis

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Últimas ofertas de emprego

Acceso Socios

 

Banner emprego cruz vermella