EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías
Xoves, 23 de Febreiro de 2012 11:35
Como cada ano, e segundo figura nos Estatutos da asociación, Eganet ven de convocar oficialmente a súa Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro 28 de marzo no Salón de Actos do Museo Pedagóxico Galego (Mupega), en San Lázaro. Animamos a todas as empresas socias a participar activamente nesta Asemblea, que é o órgano máximo de decisión do que todas tedes dereito a formar parte, e na que se falarán e votarán puntos cruciais para o futuro percorrido da asociación.
Mércores, 01 de xuño de 2011 10:48
redTicos é unha rede social que ten como obxectivo pór en contacto aos profesionais e empresas relacionadas coas tecnoloxías de información e comunicación (TIC) e aspira a ser útil a millóns de cidadáns. Esta rede social é froito do traballo do departamento de proxectos da Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC).
Martes, 07 de xuño de 2011 15:41
Artigo de Angelo González, Presidente de Honra de Eganet
Las direcciones IPv4 se han acabado, o están a punto de acabarse en la mayor parte del mundo. Es necesario concienciar a la comunidad internética global de que es imperativo transicionar hacia la nueva versión: IPv6.
El Día-Mundial-IPv6 (8 de Junio), tanto los grandes proveedores de contenidos como los que ofrecen servicios de acceso a internet, probarán sus equipos/sistemas sobre IPv6.
Mércores, 07 de Setembro de 2011 11:34
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2011, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e que forma parte dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información. Coa concesión deste Premio, dotado con 6.000 euros, preténdese dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
Xoves, 09 de Febreiro de 2012 11:10
A través da participación de Eganet no Programa Innoempresa, nove empresas do sector TIC poderán obter as certificacións ISO 27001 e ISO 9001+14001. Estas normas regulan, respectivamente, a xestión da seguridade da información e dos sistemas que a procesan, e os sistemas de xestión da calidade e sistemas de xestión ambiental. Para o desenvolvemento deste proxecto, cofinanciado polo Igape e os Fondos Feder, Eganet contará coa colaboración de técnicos externos, con ampla experiencia na implantación dos sistemas regulados nestas certificacións. A empresa de consultoría Asdel Consulting será a responsable da implantación destas normas. Está previsto que o proxecto remate a finais do mes de setembro de 2012.
Páxina 2 de 24