Actualmente non hai eventos dispoñibles.
Venres, 14 de xuño de 2013 12:13
Eganet incorpora unha nova asociada, tratase da empresa compostelá Diseño y Software Windsock cuia actividade se centra no deseño, gráfico e web, e no desenvolvemento de software.
Na súa teima por optimizar a visualización dos entornos web, veñen de desenvolver unha aplicación no que calquera usuario pode visualizar como se presenta o seu espazo web nos distintos dispositivos móbiles. O enderezo para facer a comprobación da túa web é www.windsock.es/adaptativo
Mércores, 05 de xuño de 2013 15:36
A empresa socia Tesla Technologies estreou nova cabeceira na súa web www.teslatechnologies.es. Trátase dunha pequeña animación dedicada á versión que realizou Slash da banda sonora do Padriño.
Martes, 21 de Maio de 2013 13:15
O próximo martes 28 de maio no Centro Demostrador TIC teremos a oportunidade de asistir gratuitamente ao seminario impartido por Queres Tecnologías que será moi práctico e aberto á participación.
Máis información e inscricións: www.queres.es
Venres, 10 de Maio de 2013 11:13
Tesla Technologies participan no XuventudeNet14
“Como Emprender creando xogos e outras moitas cousas Frikis con moita imaxinación e poucos recursos” será o título da charla que impartirán Esteban Vázquez e Antonio Varela .
Venres, 10 de Maio de 2013 11:04
Carlos Chaves (OnTouch) e David Ryan (CheckSec) colaboran para lanzar Privit, unha ferramenta que nos asegurará a privacidade nas conversas a través de móvil.
Os promotores de Privit, lanzan unha campaña de concienciación sobre os riscos de transmitir información a través de ferramentas e redes sociais que comercializan ou se apropian dos datos dos usuarios e que teñen un gran déficit en seguridade.
Páxina 1 de 139