redTicos, unha rede social para persoas relacionadas coas TIC

redTicos é unha rede social que ten como obxectivo pór en contacto aos profesionais e empresas relacionadas coas tecnoloxías de información e comunicación (TIC) e aspira a ser útil a millóns de cidadáns. Esta rede social é froito do traballo do departamento de proxectos da Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC).

O proxecto está desenvolvido integramente en Lugo, foi promovido por AGESTIC (Asociación Galega de Empresas TIC) ao amparo do Plan Avanza, conta co apoio do Ministerio de Industria e a colaboración e asesoramento dos profesionais da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo-Campus de Ourense.

No desenvolvemento do proxecto tívose especial atención para que sexa accesible, cumprindo as Normas W3C, que regulan o deseño, usabilidade e accesibilidade das plataformas Web para evitar obstáculos para as persoas con discapacidade.

REDTICOS aspira, a ser a rede social de usuarios, profesionais e empresas relacionados coas Tecnoloxías e Internet en España e Iberoamérica e unha referencia TIC no mundo que fala español, onde se poidan atopar desde o mais importante directorio de empresas TIC, aos perfís de miles de profesionais, unha rede social onde as empresas teñan o seu propio espazo, onde poidan publicar ofertas de emprego, buscar cooperación en proxectos, contactos dos novos emprendedores, desenvolvemento de novas iniciativas, grupos de debate, anunciar eventos, cursos de formación, noticias das Asociacións ou os Colexios Profesionais e en xeral ser a rede social especializada que o sector precisa.

Fonte: Agestic