Os principais recursos de Mozilla 100% en galego

A comunidade de tradución de Mozilla consegue que o 100% das principais aplicacións de Mozilla, entre elas Firefox, Thunderbird ou Fennec, estén traducidas a lingua galega. Porén, non todas están dispoñibles para o seu uso. Estatística de productos traducidos aquí

 

 

Á fronte do equipo de traballo de traducción está, Enrique Estévez, alias Keko, quen asumiu a coordinación deste proxecto en abril de 2010. Parello ao traballo de traducción, dende que entrou Keko houbo que realizar unha completa revisión e homoxeneización do traducido ata entón así como a aplicación dos acordos terminolóxicos que vai acadando a Comunidade de localización ao galego, agrupada principalmente no proxecto Trasno, ao que pertencen tamén os coordinadores da tradución ao galego de proxectos como GNOME, KDE OpenOffice.org, Ubuntu, ...
Porén, este traballo non está a verse reflectido na dispoñibilidade dos distintos produtos Mozilla en galego. Polo momento só están dispoñibles para a súa descarga en galego o Firefox e o Thunderbird, sendo este último distribuído como linguaxe Beta. O motivo disto é que o coordinador do proxecto, non dispón dos permisos necesarios para actualizar directamente os repositorios dos produtos Mozilla coas súas traducións polo que depende de que outros membros da comunidade Mozilla den este último paso.