Internet, o medio que máis medrará en 5 anos

O incremento da banda larga e a caída da publicidade de TVE son os principais factores

Internet será o sector que máis medrará no mercado mundial de medios de comunicación, ocio e entretemento en España durante os próximos cinco anos, ata acadar unha facturación de 7.559 millóns de euros en acceso e publicidade, segundo un informe da empresa de análise PriceWaterHouseCoopers.

Fonte: El Correo Gallego

 


O dito estudo recolle enquisas a clientes, anunciantes, cadeas de televisión e xornais, ademais de estudos demográficos, cun total de 48 países participantes. De todos os segmentos analizados, as mellores previsións apuntan á Rede, que conta con previsións de crecemento tanto para accesos dos cidadáns (21,7%), coma para anuncios on-line (12,7%).

O incremento da conexión da banda larga nos fogares españois (14,6%) --España será o país co maior aumento da Europa occidental-- e a conectividade a través do móbil (11%) serán os principais motores deste aumento. Porén, o senior manager de Telecomunicacións de Pricewaterhouse, José Antonio Ortega, recordou que hai outros factores que axudarán ao crecemento, especialmente no campo publicitario: a migración de publicidade de TVE --sen especificar porcentaxes-- e o aumento de ingresos en móbiles por este apartado (crecemento de 23,2%). Así mesmo, descartou que a chegada do libro electrónico a España suporá un aumento "significativo" neste sector, a diferenza da súa influencia a nivel mundial, onde se estima a venda dun millón de unidades a nivel mundial. "Non haberá un impacto significativo nos próximos cinco anos, aínda que seguramente estas Navidades Kindle xa sexa un dos dispositivos máis regalados". apuntou Manuel Martín.