Digalego.com multiplica as súas visitas difundindo o coñecemento da lingua galega

Segundo recolle Xornal de Galicia, o Digalego multipliou por cinco as súas visitasdende que se pode acceder a el como un servizo da súa páxina web. Xa é posible consultar o significado de calquera palabra que se atope nunha información de Xornal.com simplemente facendo dobre clic nela, o que abre unha fiestra na que o Digalego ofrece a súa definición. O diccionario en liña de Ir Indo vén de gañar o Premio Eganet á mellor aplicación online.

 

Segundo se salientaba na Gala de Premios Eganet 2009, esta aplicación en liña ofrece máis de 65.000 entradas actualizadas á última normativa da Real Academia Galega, máis de 45.000 traducións ao portugués, inglés e castelán, etimoloxías, sinónimos, exemplos, entre outras. Intégrase directamente nos navegadores Internet Explorer e Mozilla Firefox mediante unha caixa de busca e conta coa opción de clickar en calquera palabra do texto para que unha ventá interactiva defina a palabra marcada automaticamente. Esta función tamén é integrable noutras webs, como  foi o caso de Xornal de Galicia.