Internet

O Morrazo será 2.0. o día 9 de xuño co Festival MexilOnseTuits

Mércores, 25 de Abril de 2012 12:44

O Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu dará acubillo o vindeiro 9 de xuño ao Festival MexilOnseTuits, unha iniciativa que nace das inquedanzas de varias entidades comarcais e que terá o obxectivo de unir os medios sociais e as TIC co rico patrimonio (artístico, gastronómico, cultural, natural) desta comarca galega. Esta xuntanza terá como eixo central uns premios que pretenden pór en valor os mellores traballos feitos en Galicia no eido do márketing en Social Media nas categorías de Mellor axencia 2011, Mellor blog, Mellor campaña en canles sociais, Mellor campaña Low Cost, Mellor integración online/offline e Mellor vídeo viral, ás que se engade unha mención especial a proxectos do territorio estatal.

Ler máis

   

LaconNetwork celebra o seu segundo aniversario

Luns, 23 de Xaneiro de 2012 12:01

Dende xaneiro de 2010, os emprendedores galegos teñen por costume xuntarse o último venres de cada mes nunha xuntanza que se deu en chamar "Lacon Network", e que naceu dunha idea dos equipos de ConfirmSign, unha das nosas empresas socias, e Pleiteando.com, rede social para profesionais do mundo lexislativo. O vindeiro 27 de xaneiro, a Lacon Network celebrará o seu segundo aniversario cun encontro no Centro Tecnolóxico de Arteixo (Avd. Arsenio Iglesias s/n), a partir das 10:00, no que o presidente de Eganet, Víctor López, intervirá como participante nunha das mesas redondas.

Ler máis

   

redTicos, unha rede social para persoas relacionadas coas TIC

Mércores, 01 de xuño de 2011 10:48

redTicos é unha rede social que ten como obxectivo pór en contacto aos profesionais e empresas relacionadas coas tecnoloxías de información e comunicación (TIC) e aspira a ser útil a millóns de cidadáns. Esta rede social é froito do traballo do departamento de proxectos da Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC).

Ler máis

   

Os principais recursos de Mozilla 100% en galego

Luns, 15 de Novembro de 2010 16:09

A comunidade de tradución de Mozilla consegue que o 100% das principais aplicacións de Mozilla, entre elas Firefox, Thunderbird ou Fennec, estén traducidas a lingua galega. Porén, non todas están dispoñibles para o seu uso. Estatística de productos traducidos aquí

 

Ler máis

   

A Fundación Xeito Novo oferta cursos online sobre o comercio en liña

Venres, 01 de Outubro de 2010 10:24

A Fundación Xeito Novo organiza novas actividades divulgativas en liña para os internautas interesados no comercio online. Os cursos, de balde, contan co apoio do Ministerio de Traballo a través da Dirección Xeral de Emigración. Trátase de 3 accións formativas de carácter práctico: Como tomar decisións baseadas en custos e prezos, Investigación de mercado e eMarketing.

 

Ler máis

   

Páxina 1 de 24