Wireless Galicia fará unha demostración do sistema multimedia iBeaken no Centro Demostrador TIC

Wireless Galicia, empresa socia de Eganet especializada no desenvolvemento de sistemas de comunicación inalámbricos e de mobilidade, segue a apostar pola creación e a difusión de novos sistemas que melloren os servizos e satisfagan as necesidades dos profesionais e dos usuarios das novas tecnoloxías. O último proxecto que apoia, o iBeaken, é unha solución tecnolóxica orientada a facilitar o acceso a información multimedia relacionada con lugares de interese cultural a través de calquera teléfono móbil intelixente. Wireless Galicia é a partner en España do iBeaken, e fará unha demostración no Centro Demostrador TIC de Galicia o próximo 6 de outubro.

Esta sesión demostradora dará a coñecer novas ferramentas de difusión de contidos multimedia, a través de dispositivos móviles de última xeración, posto que o iBeaken desarrolla a súa función empregando códigos QR e tecnoloxía NFC. A xornada vai dirixida aos profesionais da nosa comunidade relacionados co sector turístico, a industria cultural e o medio ambiente, tanto do ámbito público como privado. Dentro dos obxectivos de Wireless Galicia na súa demostración, salientan a posta en valor do patrimonio natural e cultural a través da difusión por medio de novos soportes, o fomento do ecoturismo como ferramenta clave para a desestacionalización, a creación de sistemas de interpretación do patrimonio natural e cultural non invasivo e o fomento do turismo estranxeiro mediante a creación de novos soportes multiidioma.

O asistencia é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC. Máis información e inscricións aquí.