Xoves, 13 de Outubro de 2011 12:14

Galebook, PéZcalo, Frankie Gómez, Scio Soft, Elogia Media e Desoños obteñen galardóns e mencións en diversas categorías dos Premios Innova G 2011, que se entregarán o venres.
A empresa Galebook levou para casa o premio á Mellor start-up galega grazas ao seu traballo na edición dixital, deseño de material educativo, traducción e enriquecemento de produtos, recibindo ademáis o apoio dos internautas, que a colocaron como finalista na mesma categoría. PéZcalo, a tenda online de pesca deportiva, foi elixida finalista do xurado.
Frankie Gómez, fundador e CEO dunha das escasas empresas de certificación de correo electrónico, Confirmsign, foi o gañador do Premio ao Mellor emprendedor galego TIC 2.0. Houbo recompensa tamén para a Memoria Anual 2010 Cruz Roja Española en Galicia, desenvolvida por Scio Soft, que levou tanto o premio do xurado coma o dos internautas na categoría de Mellor Campaña Social Media. Nesta categoría, outra empresa de EGANET, Elogia Media, foi finalista do xurado pola súa campaña “Mátalos de risa con Kill Paff”.
Por último, e non menos importante, o premio dos internautas ao Mellor desenvolvemento 2.0. foi a parar a Desoños, responsable da web da empresa de viños María Fechoría.
Seis empresas socias sobre un total de 24 premiadas é un promedio moi positivo que debemos ter en conta. Desde EGANET queremos dar os parabéns a todo o persoal que traballou arreo e esforzouse por darlle vida a estes proxectos.