Venres, 26 de Outubro de 2012 10:14
A empresa Redegal continúa o seu camiño no desenvolvemento das mellores solucións tecnolóxicas de comunicación e comercio electrónico, neste ocasión ocupouse da nova tenda de Bimba & Lola en Internet. Tras varios meses de planificación e coidadoso deseño Bimba & Lola abre de novo o seu portal co deseño adaptable (responsive design) como principal abandeirado, grazas a isto medrou a amplitude e flexibilidade dos contidos con respecto a antiga web. Mediante esta nova filosofía de deseño os usuarios terán sempre unha experiencia óptima de navegación e visualización independentemente da pantalla do dispositivo que utilizen, xa sexa un ordenador de escritorio un tablet ou un smarthphone.
Deste xeito a usabilidade da páxina mellora considerablemente, pero tamén o fan as súas funcionalidades, con novas ferramentas que permiten aos usuarios realizar as súas compras dun xeito máis rápido e sinxelo. A pantalla de inicio supón a primeira mostra dos cambios ocorridos con fotografías máis amplas, maior calidade, máis seccións, capacidade para filtrar os produtos, e uso dun novo deseño do LookBook, que achega unha pasarela para localizar os modelos dun xeito máis eficaz e directo. Tamén se fai fincapé nas redes sociais e canles de contacto coa fin de crear maiores sinerxías entre empresa e cliente.