PéZcalo inaugura o seu novo portal

A empresa socia PéZcalo adicada ao e-commerce de artigos de pesca deportiva inaugura o novo deseño do seu portal.

Recollida en Código Cero

 Tras uns meses de traballo realizou un completo redeseño na súa tenda web escoitando as suxerencias dos seus clientes coa finalidade de brindarlles un mellor servizo. Xa podedes visitar a nova plataforma online de venta que Pézcalo pon a disposición de todos os afeccionados á pesca deportiva.

Entre as vantaxes que esta nova plataforma ofrece aos clientes atopamos unha maior facilidade á  hora de atopar produtos de interese, con opcións de filtrado segundo diferentes características. Deste xeito proceso de compra convertese nalgo máis sinxelo e intuitivo, ademais disto tamén dispoñen dunha nova forma de pagamento a contrareembolso.

Esta renovada tenda virtual pretende, en palabras do propio socio xerente, Javier Sousa, "non só lograr ser a mellor tenda online de produtos de pesca, senón ser o mellor sitio de pesca do mercado español".

A todo isto hai que engadir a gran comunidade de clientes e afeccionados que se foi creando pouco a pouco ao redor da propia tenda; sendo a empresa orientada ao mundo da pesca con maior número de seareiros e presenza online do país, con montóns de peZcaleros no ámbito das redes sociais e mesmo un blog que continúa medrando en contidos grazas as achegas de colaboradores e usuarios.