O cofundador de Quobis entre os dez mozos innovadores máis brillantes

O enxeñeiro Elías Pérez Carrera, cofundador da empresa socia Quobis, foi seleccionado para figurar entre os dez mozos innovadores máis brillantes de España no ámbito tecnolóxico.

Recollida en Código Cero

Os chamados premios TR 35, outorgados pola publicación Technology Review edición España, recoñecen a labor de Quobis e de Elías polo seu proxecto IdentityCall, mediante o cal poden prestar un servizo de chamadas de alta seguridade ás empresas en institucións que o precisen.

Technology Review considerou que IdentityCall tiña múltiples vantaxes con respecto aos competidores, pois combina o feito de que a persoa que chama posúa un certificado dixital ou smarthcard ademais doutro elemento que precisa coñecer, un código PIJN. Deste xeito a seguridade do sistema e dobre, garantindo a identidade na comunicación por redes de voz. O xurado dos galardóns TR 35 valorou pois a innovación dinámica en canto a complexidade global e non liñal, asi coma a fortaleza innovadora do modelo de negocio de Quobis.

Este servizo pode empregarse dende calquera ordenador mediante o uso do DNI electrónico, pero tamén dende calquera teléfono intelixente ou tablet grazas ao uso de certificados dixitais. Deste xeito, pódese asegurar a identidade do autor das chamadas de voz IP, grazas ao cal IdentityCall pode ter múltiples usos en servizos de banca electrónica, e-commerce, coversacións privadas que requiran seguridade, trámites coas administracións públicas e outras aplicacións que necesiten de seguridade en canto á identificación dos interlocutores.

Este premio confirma unha vez máis a valía e innovación da empresa de consultoría tecnolóxica Quobis que dende o ano 2004 e asociada a Eganet, colabora sempre coas universidades e centros tecnolóxicos ofrecendo servizos profesionais claves en canto a enxeñería de telecomunicacións, con altos niveis de calidade e esixencia técnica, baseándose en estándares abertos e publicando sempre os resultados de acordo coas premisas da Open Innovation.