Nace a nova cooperativa Liflite

O grupo de traballo multidisciplinar, Tagen Ata, encamiñado á xestión do coñecemento e a innovación en formación e contidos dixitais, acaba de crear unha nova cooperativa baixo o nome de Liflite.

Esta prestará servizo as entidades e persoas que o precisen, dun xeito próximo e procurando o crecemento conxunto en coñecemento e tecnoloxía. O obxectivo é achegar as novas tecnoloxías a todo o mundo.

En Liflite xestionan dominios, encárganse de deseño web e hosting, dende unha web sinxela ata un blogue con intranet. Grazas aos servizos que prestarán podedes ter a vosa propia web, cun deseño coidado e profesional sen elevados custes de tempo e renovación. Traballan posicionamento web SEO e SEM, asesoría de hardware, mercadotecnía na rede e ofrecen formación TIC.

Ademais disto tamén se ocupan de tarefas de programación, adaptando aplicacións baseadas en software libre para dar a coñecer alternativas. Tamén poden crear novas aplicacións a medida dende 0 para satisfacer as necesidades máis específicas dos seus clientes.

Liflite é unha nova cooperativa que nace de experiencias previas no mundo das TIC, da economía social, do software libre e do cooperativismo. A idea central do é achegar a tecnoloxía a todo tipo de persoas, entidades, equipos ou colectivos, xerar vida ao redor das TIC, con sensibilidade, motivación e interese polo traballo.