Imatia participará no GaliciaTIC 2012

A empresa Imatia, asociada a Eganet, especializada no desenvolvemento de sistemas de información, participará en calidade de patrocinador na "X Edición do GaliciaTIC 2012".

Recollida en Código Cero

O evento que se celebrará o vindeiro día 19 de outubro no auditorio do Centro Social Nova Caixa Galicia de Vigo tratará de mostrar as últimas innovacións relacionadas coa mobilidade, o almacenamento virtual, cloud computing, seguridade, xestión, desenvolvemento de software e redes sociais.

Esta edición pretende ser un expoñente do avance tecnolóxico do sector TIC galego e servir de plataforma de debate sobre as mellores solucións existentes para as empresas. Mediante conferencias, paneles temáticos, análise de casos de éxito e talleres prácticos, os asistentes poderán coñecer novos conceptos, ferramentas e tecnoloxías. Desenvolvendo temas de actualidade preténdese atraer a atención do mundo profesional, empresarial e académico galego en torno ás TIC, co obxectivo de mellorar a competitividade das empresas galegas e dar un mellor servizo ao sector público

A xornada dará comezo cunha presentación a cargo do director xeral de Imatia, Fernando Vázquez, baixo o título "Citizen Developers, os usuarios ao poder”, ademais disto, o xefe da unidade de negocio de I+D da empresa, Alejandro Ricart, organizará un taller sobre como crear fácilmente aplicacións de negocio.

Todos os interesados en participar neste evento poden porse en contacto con Imatia e botarlle un ollo a web do GaliciaTIC 2012.