Igalia selecciona unha persoa de apoio ao seu equipo de xerencia

Igalia, empresa de enxeñaría en informática cuxa actividade se centra no desenvolvemento de solucións de software libre, selecciona para a súa sede na Coruña unha persoa como apoio ao seu equipo de xerencia en tarefas de administración, finanzas e organización. Máis información do perfil requirido e envío de currículos na bolsa de emprego de EGANET.