Galinus muda por fóra e por dentro

O proceso de cambio será gradual e irase reflexando por etapas
 
A empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios (www.galinus.com) comeza o proceso de cambio da súa páxina web corporativa, acompañado nun cambio de sede e un reforzo do equipo de traballo. Aproveitando o día da patria galega, o pasado sábado 25 de xullo, Galinus abriu a súa páxina provisional que serve para dar inicio ao proceso de creación da páxina e de renovación da empresa.

A mudanza da web corporativa servirá para reflexar todos e cada unha das etapas do proceso creativo que desenvolve a empresa para realizar unha web. O primeiro paso (paso 0), é "exercicio de autoanálise". Este serve para mostrar a información básica da empresa, os traballos máis relevantes, os servizos, o renovado equipo humano e os datos de contacto.

Galinus leva dende o 2002 traballando nas tecnoloxías da comunicación, democratizando a información e expallando as novas tecnoloxías por Galicia e especialmente pola Costa da Morte.

Para seguir o proceso de mudanda poden procurar máis información no Blog de Galinus ( http://galinus.com/blog /). Polo de pronto, poden ver o primeiro vídeo da mudanza en galinus.com.